Data inicio: 26/04/2019
Data fin: 26/04/2019
Lugar: A Campa Curtis
Este venres, 26 de abril, celébrase en Curtis (A Coruña) unha “Xornada tecnolóxica: Sementeira avanzada no cultivo de millo”.
A xornada está organizada polas empresas Xesga, Agrícola Curtis, Pioneer e Monosem. Celebrarase ás 11:00 horas en SAT A Campa, en A Campa (Fisteus-Curtis).
O programa é o seguinte:
-Presentación da aplicación dixital de Pioneer para as prescricións de sementeira variable e abonado variable.
-Mapeado de finca con GPS CLAAS S10.
-Sementeira variable con MONOSEM Extenser 8 filas eléctrica.
-Abonado variable con Sulky DX-30 con GPS, STOP&go e corte por tramos.
A asistencia é libre para os gandeiros e público en xeral interesado.