Quen somos

Campo Galego é un medio dixital de información do agro que aborda a actualidade de todos os sectores agrogandeiros de Galicia. O proxecto xornalístico pon o foco na información divulgativa e de servizo dirixida ó colectivo de profesionais do agro, así como na transformación e distribución dos produtos agroalimentarios, unha liña informativa de interese para o conxunto da sociedade, que cada vez demanda máis unha alimentación con produtos de calidade e de proximidade.

O proxecto quere contribuir á difusión dunha imaxe actualizada do agro galego tanto en Galicia como no resto do Estado. Cremos que cómpre dar a coñecer e poñer en valor as iniciativas que están a desenvolver os/as profesionais do sector agrario, a miúdo descoñecidas por gran parte da sociedade e mesmo no seu propio entorno.

Campo Galego, que saiu á luz o 11 de febreiro do 2015, parte con vocación de pluralidade e está aberto á participación de todos os axentes do sector. O medio está impulsado e codirixido polos xornalistas Gonzalo Brocos e David González e conta cun equipo de xornalistas (Noelia Cortizo, Camilo Friol, Alejandro Gómez -audiovisual-, Laura Martínez e Iago Seoane – audiovisual-) e de colaboradores.Desde o 2020, Campo Galego é xestionado por Agrocomunicación SL, unha empresa adicada á edición do xornal e á prestación de servizos de comunicación a entidades e empresas do sector primario e agroalimentario.