Data inicio: 02/11/2016
Data fin: 02/11/2016
Lugar: Escola Politécnica Superior, Lugo, España
O vindeiro mércores, 2 de Novembro, o Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio (Masterterra) organiza unha nova xornada de debate que leva por título: “O territorio: para que? O aproveitamento da terra en Galicia ante os retos globais no século XXI”.
O evento celebrarase no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo ás 18:00 horas. A xornada comezará cunha conferencia a cargo de José Manuel Silva Rodríguez, Ex-Director Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea.
Posteriormente haberá unha mesa redonda na que participarán, ademais de José Manuel Silva, as seguintes persoas:
Higinio Mougán Bouzón, Xerente Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA)
Ramón Reimunde Noreña, Presidente da Federación de Asociacións de Produtores de Madeira de Galiza (PROMAGAL)
Alberte González Rodríguez, Arquitecto – Gabinete de Arguitectura e Urbanismo (GAU)
José María Tubío Sánchez, Investigador do Labotario do Territorio (USC)