Rías Baixas aumentou exportacións ó exterior un 8,9% na última campaña

Máis da metade das vendas ó exterior foron para Estados Unidos e Reino Unido, dous mercados que preocupan pola suba de aranceis dictada por Trump e polo Brexit. Entre os países con boas perspectivas, destaca este ano Rusia

Publicidade
Rías Baixas aumentou exportacións ó exterior un 8,9% na última campaña

Presentación dos resultados, a cargo do presidente do Consello Regulador.

A denominación de orixe Rías Baixas continúa aumentando as súas vendas a nivel internacional. Na campaña 2018 – 2019 (1 de setembro do 2018 a 30 de agosto do 2019), as adegas de Rías Baixas aumentaron un 8,9 % as súas vendas ó exterior, chegando ós 7,8 millóns de litros vendidos. En valor, o crecemento chegou ó 12,57%, acadando os 43,7 millóns de euros. O prezo medio por litro nas exportacións situouse en 5,61 euros.

Estados Unidos e Gran Bretaña foron un ano máis os principais mercados de exportación, copando o 52% dos envíos fóra de España. O protagonismo que teñen ambos países preocupa no sector, ante a inestabilidade que están a provocar o Brexit e a suba de aranceis de Trump ó viño europeo.

A parte positiva é que Rías Baixas está presente nun total de 70 países, con perspectivas de crecemento en moitos deles. En Europa destacan Alemania, Irlanda, Holanda, Suecia e Rusia, país este último que vén de entrar no Top-10 de vendas internacionais da denominación, cun crecemento en volume superior ó 13%. Para o próximo ano, o ruso será un dos mercados prioritarios onde se enfoquen os esforzos de promoción da denominación de orixe, que tamén ve boas perspectivas a medio prazo nos mercados asiáticos.

Durante 2018, o Consello Regulador desenvolveu dez plans promocionais específicos en diferentes mercados, coa participación das 104 adegas da DO. Concretamente, desenvolvéronse campañas en Estados Unidos, Reino Unido, Alemania, Irlanda, Países Baixos, Xapón, México, Polonia, Suiza e Canadá. A estas engádense accións puntuais noutros destinos, como Centroamérica, Hong Kong e Singapur, ou a participación en feiras internacionais en Francia e Lituania.

Principais destinos exteriores dos viños de Rías Baixas

exportacions rias baixas

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información