Data inicio: 01/02/2018
Data fin: 01/02/2018
Lugar: Restaurante Montero, Vilalba, España
O próximo 1 de febreiro celebrarase en Vilalba o Foro Agrogandeiro-III Xornada Top Gan Vacún de Leite. As alternativas nutricionais para mellorar a composición graxa do leite, como se recomenda realizar o secado ante os cambios no uso de antibióticos ou a importancia da xestión da granxa serán algúns dos temas sobre os que falarán os expertos invitados.
Velaquí o programa da xornada:
Esta xornada celebrarase no Restaurante Montero, en Goiriz-Vilalba (Lugo). A asistencia é gratuíta e recoméndase confimala escribindo un correo a suscripciones@foroagroganadero.com. Tamén se pode confirmar asistencia no teléfono 654 621 658 (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas) ou por WhatsApp
Ou en calquera das sedes de CLUN:
-Ames:647 355 289 (Rafa)
-Melide: 981 506 026 (Cristina)
-Ribadeo: 982 123 400 (Reme)
Estudarase a posibilidade de pór autobuses en función do número de inscritos.
Este Foro Agrogandeiro está patrocinado por Agrobank, Euronit, Lallemand e Boehringer-Ingelheim e conta coa colaboración de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN).