O recinto gandeiro de Adai (O Corgo, Lugo) acolle este sábado 26 a partir das 13 horas unha nova cita coa raza rubia galega, na que será a edición número 90 da poxa nacional de Acruga. Para iso, a Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega preparou unha poxa na que se poderán adquirir catro novillas e outros tantos novillos, propiedade da propia asociación e tamén de gandeiros particulares.
Os gandeiros interesados poderán retirar os cartóns que lles permiten tomar parte nesta poxa desde as 12.00 da mañá, para unha hora máis tarde iniciar a poxa. Nela presentaranse catro novillos nados en agosto de 2018 e con bos índices no que a cualificación xenética se refire. Os exemplares proceden de dúas explotacións de Lugo e Samos, e da nave de testaxe que Acruga ten no Corgo.
Mentres, as xovencas preñadas, todas elas con idades comprendidas entre os 20 e os 26 meses, chegan a Adai desde as explotacións de gandeiros das Nogais, Lugo e Samos.
Do mesmo xeito que sucede en todas as poxas organizadas por Acruga, os gandeiros que compren algún dos exemplares presentados á poxa, terán unha axuda á compra de Caixa Rural que se traducirá en 300 euros para os machos e en 200 para as femias.
Os prezos de saída dos animais non se coñecerán até o mesmo momento de iniciar a poxa, xa que son establecidos polos propios gandeiros.