Xa está en marcha o II Concurso de Fotografía da Semana Gandeira de Mazaricos, no que nesta edición participan un total de 62 fotos, que serán votadas polo público a través do Facebook. As fotos que reciban máis gústames serán as galardoadas nas categorías de foto máis artística, a máis divertida, a máis entrañable e a máis votada.
Os premios entregaranse o sábado, 19 de outubro, pola tarde, no recinto feiral da Picota.
Xa podes votar as fotos na páxina de facebook de Eu Son Mazaricos.
Velaquí unha escolma: