A afluencia de animais na última feira anterior ó Nadal foi máis elevada do habitual, con 2.433 reses, 297 máis que a pasada semana. O aumento capitalizárono os animais de recría, con 1.885 (347 máis que na pasada sesión), en tanto baixou lixeiramente a entrada de vacún mediano (292 animais, 14 menos) e de vacún grande (241, 36 menos).
A maior presenza de animais de recría levou a unha maior lentitude dos tratos, se ben a Mesa de Prezos de Abasto mantivo as cotizacións igual que na anterior sesión tanto en gando de recría como en animais de abasto e vacún maior. A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega tamén acorda manter as cotizacións.
Máis información
– Táboa completa das cotizacións de Amio (21-XII-2016).