A XXXI Mostra Exposición de Muimenta – MOEXMU, será inaugurada oficialmente esta tarde.
O programa para o fin de semana inclúe as seguintes actividades.
Sábado 11: a apertura das instalacións será ás 09.00 horas para expositores e gandeiros e ás 10.00 horas para o público en xeral.
Ás 10.05 horas todos os presentes poderán visitar parte da exposición do Centro de Artesanía da Deputación Provincial de Lugo e ás 10.10 horas dará inicio o XXIX Concurso de Gando de Raza Frisona, coas seccións correspondentes a xatas e xovencas.
Ás 12.00 horas terá lugar a XVIII Poxa de Gando Selecto, organizada por AFRICOR-Lugo. Ás 15.00 horas haberá un pequeno descanso para xantar e a partir das 16.00 horas continuarase o citado concurso de gando, coas seccións e campionatos correspondentes ás vacas de leite.
Ás 21.00 horas pecharase o recinto.
Domingo 12: ás 09.30 abrirase o recinto para os expositores e gandeiros e ás 10.00 horas para o público xeral. Ás 11.00 horas celebrarase o Concurso de Novos Manexadores, o cal estará dividido en tres seccións:
– Sección 1: de 15 a 18 anos
– Sección 2: de 10 a 15 anos
– Sección 3: ata os 9 anos
Ás 11.30 horas terá lugar o Concurso de Manexadores Adultos, ás 13.00 horas realizarase a entrega de premios aos participantes gañadores das diferentes seccións do concurso de gando, e ás 14.30 horas celebrarase a clausura oficial da XXXI Mostra Exposición de Muimenta.
O recinto pechará as súas portas ás 21.00 horas.
Historia:
A Feira de Mostras e Exposicións de Muimenta (MOEXMU), lévase celebrando dende o ano 1985 co principal obxectivo de potenciar un dos sectores económicos máis representativos da bisbarra e dar a coñecer as últimas innovacións tecnolóxicas existentes no sector agrogandeiro galego.