Recomendacións á hora de pasar a ITEAF

Levar o depósito da máquina de tratamento con ¾ partes de auga, ter o equipo inscrito no ROMA, protexer a toma de forza ou comprobar as boquillas son algunhas das recomendacións á seguir antes de levar o equipo de fitosanitarios a pasar a ITEAF

Publicidade
Recomendacións á hora de pasar a ITEAF

Pasando a ITEAF

Os equipos de aplicación de produtos fitosanitarios (pulverizadores, carretillas, atomizadores,…) de máis de 100 litros e que teñan máis de 5 anos de antigüidade están obrigados a pasar unha inspección ITEAF (Inspección Técnica de Equipos Aplicadores de Produtos Fitosanitarios) antes do 26 de novembro.

Segundo informa a Consellería do Medio Rural, antes de levar o equipo á inspección, o titular ou
responsable deberá de comprobar o seguinte:

– Limpar o equipo a inspeccionar por fora e por dentro para eliminar os residuos do produto, especialmente as partes que están en contacto directo cos produtos fitosanitarios. Recomendase desmontar unha a unha todas as boquillas e todas as mallas dos filtros.

– Comprobar que as boquillas non se atopan obstruídas nin desgastadas e o correcto estado das mallas dos filtros.

– Non se admitirán máquinas de tratamentos que presenten fugas nos seus circuítos hidráulicos.

– As tomas de forza e seu eixe estarán debidamente protexidos, así como o resto de elementos móbiles do equipo.

– O operador habitual da máquina de tratamento estará presente na inspección.

– É necesario que o manómetro da máquina de tratamentos presente as divisións adecuadas tanto para cultivos baixos como para cultivos altos.

– Deberase levar o depósito da máquina de tratamentos cheo de auga en 3/4 partes da súa capacidade nominal.

– A máquina de tratamentos estará accionada preferiblemente polo tractor co que traballa habitualmente.

– Os defectos detectados serán reparados previamente antes de levar a máquina á inspección.

Actualmente,a Xunta de Galicia ten autorizadas a 12 empresas para prestar o servizo de ITEAF en Galicia. Nagar Servicios Ambientales SLNE, empresa galega con sede en Oza dos Ríos, é unha das acreditadas pola Consellería de Medio Rural. Dende esta empresa lembran que, como paso previo, é obrigatorio presentar a cartilla que certifica que o equipo está inscrito no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

Como consellos prácticos para axudar a pasar a ITEAF á primeira, dende Nagar SLNE lembran que é obrigatorio:

– Alta no ROMA (presentar cartilla o día da inspección).

– Nº bastidor visible (troquelado ou remachado).

– Limpeza interior e exterior, sen fugas.

– Depósito: 2/3 ou cheo de auga limpa + compensador presión+ volumen visible.

– Protección da árbore de transmisión + toma de forza (con cadea antixiro).

– Manómetro axeitado.

– Boquillas limpas e iguais (pulverización homoxénea + non poden pingar).

– Filtros obrigatorios: toma de auga (cesta depósito) + antes da bomba + despois da bomba.

Pola contra, lembran que non é obrigatorio para pasar a ITEAF: filtros de boquillas, depósitos auxiliares (lavado, incorporación produto, …), nin marcación de espuma.

Por último, dende Nagar SLNE insisten na necesidade de chamar para reservar cita previa para as distintas unidades móbiles que neste momento xa están a prestar o servizo de ITEAF en Galicia.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información