Agricultura debate coas autonomías a concreción das axudas da PAC post-2020

O Ministerio inicia a definición do Plan Estratéxico de España para a PAC. A Xunta, pola súa banda, anuncia que a postura galega será a que a que saia dunha mesa do traballo que creará cos axentes do sector

Publicidade
Agricultura debate coas autonomías a concreción das axudas da PAC post-2020

Reunión do consello consultivo de Agricultura, hoxe en Madrid.

O Ministerio de Agricultura mantivo hoxe unha reunión coas comunidades autónomas para iniciar o debate sobre o Plan Estratéxico Nacional para a PAC post-2020. Este documento, que terá que ser validado posteriormente por Bruxelas, definirá cuestións como a de quen serán os perceptores das axudas da PAC ou os criterios de pago. Por parte galega, o conselleiro do Medio Rural, José González, anunciou que a postura galega en relación ó Plan Estratéxico Nacional será a que saia do grupo de traballo que se creará con axentes do sector (cooperativas, organizacións agrarias, asociacións, etc.).

Entre as principais cuestións que se deberán concretar no Plan está a definición de agricultor xenuíno -que poderá percibir as axudas-, ou a limitación de axudas por explotación. Desde Galicia, González avanza que se quere situar o tope en 60.000 euros.

Outra cuestión que está a estudar o Ministerio é o establecemento dun pago redistributivo que prime as primeiras hectáreas de cada explotación cunha cantidade superior.

Á saída da reunión, que se celebrou esta tarde en Madrid, o conselleiro asegurou que está defendendo o decálogo previo pactado en Galicia co sector e incidiu en que a postura galega nas negociacións será a que marque un grupo de traballo que se creará coas principais entidades do agro galego. “Convidaremos a todos os sectores implicados a chegar a acordos para que a nosa posición vaia consensuada”, sinalou José González.

image_print
Etiquetado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información