Data inicio: 05/06/2018
Data fin: 07/06/2018
Lugar: El Liceo de Ourense, Calle Valentín Lamas Carvajal, Ourense, España
Dentro do marco da II Semana Vitivinícola de Galicia, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, xunto coa Deputación Provincial de Ourense, organiza dous talleres prácticos gratuítos sobre “Defectos do viño: detección e corrección”. O primeiro obradoiro será o 5 de xuño, sobre o viño branco, e o dia 7 tocaralle ao tinto.
Estas actividades desenvolverase no Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal nº5 – Ourense), en xornada de tarde. As prazas dispoñibles son 40 para cada unha delas. O prazo de inscrición rematará o día 31 de maio agás que se esgoten antes as prazas.
Este é o programa para os dous talleres, que serán impartidos por José Daniel Fornos Rivas, investigador da EVEGA e licenciado en Ciencias Químicas, e por Luis Buitrón Barrios, enólogo e presidente da Asociación Galega de Enólogos (AGE).
Este é o programa común para ambos cursos:
Podes descargar aquí o programa e a folla de solicitude:
Obradoiro sobre defectos do viño branco: detección e corrección:
http://evega.xunta.gal/taller-practico-defectos-do-vino-branco-novos-procesos-de-deteccion-e-correccion/
Obradoiro sobre defectos do viño tinto: detección e corrección:
http://evega.xunta.gal/taller-practico-defectos-do-vino-tinto-novos-procesos-de-deteccion-e-correccion/
As solicitudes cubertas deberán enviarse a evega.medio-rural@xunta.gal