A feira de maquinaria agrícola FIMA, que se celebra en Zaragoza, pechou este fin de semana a súa 39 edición con máis de 227.000 visitantes, o que supón unha media diaria de 45.000 persoas. Participaron no certame 1.357 firmas expositoras, que ocuparon máis de 150.000 metros cadrados de superficie. Houbo tamén 154 misións comerciais procedentes de 37 países interesados na importación de maquinaria agrícola.
Na inauguración do certame, a ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, anunciou a próxima convocatoria dun plan Pima para fomentar a renovación da maquinaria agrícola. O Ministerio de Agricultura está ultimando o borrador do plan, que se dotará duns 5 millóns de euros e que facilitará tanto a adquisición de tractores como doutro tipo de maquinaria.