Os visitantes que se acheguen este fin de semana ao Pavillón dos Deportes de Verín poderán degustar viños ofrecidos pola D.O Monterrei e petiscos servidos pola Asociación de Hostaleiros da comarca (AEHCOM), no marco dunha caseta compartida que se poñerá en marcha con motivo da Feira de Lázaro 2016. Deste xeito, a D.Ou e AEHCOM dan continuidade á liña de actuación de promoción conxunta dos seus produtos iniciada o pasado ano con motivo da Feira do Viño de Monterrei.
Así, o espazo expositivo común que habilitarán a D.O e AEHCOM no Pavillón dos Deportes de Verín, poñeranse á venda viños de Monterrei e petiscos realizados polos diferentes restaurantes integrados na asociación. O prezo de cada consumición será de 1,5 euros (tanto para o viño, como para o petisco). “O obxectivo é dar a coñecer os produtos da zona e potenciar o seu consumo”, sinala a presidenta da D.O de Monterrei, Asunción Rodríguez Zarraquiños.
Durante as mañás do sábado e do domingo, a caseta permanecerá aberto de 10 a 14 horas e, polas tardes, abrirá entre as 16 e as 22 horas (na xornada do sábado) e ata as 21 horas (na do domingo).