A Consellería de Medio Rural ven de remitir a Campo Galego un listado con 260 cursos programados para 2016 para a obtención do carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios. Boa parte deles son para a renovación do carné, tanto do nivel básico como do cualificado.
O programa de cursos concéntrase principalmente de febreiro a xuño nas catro provincias galegas. Dende a Consellería de Medio Rural matizan en todo caso que esta relación de 260 cursos “son os que están programados a día de hoxe”. “Pero a programación de cursos vai continuar, e serán máis os que se desenvolvan ao longo do ano, pero hai que ir programando de xeito progresivo estas accións formativas”. subliñan.
O que estaría ben saber (non encontrei información por ningures sobre isto) é que produtos se poden mercar sen o carnet, e as cantidades. Porque ao mellor algúns non necesitariamos o carnet, dígoo porque anda todo o mundo tolo porque di que non vai poder sulfatar.
Boas tardes Pedro:
Aquí podes consultar a lista de produtos fitosanitarios autorizados para uso doméstico:
http://www.magrama.gob.es/es/agricultura/temas/sanidad-vegetal/productos-fitosanitarios/registro/productos/proexi.asp?pag=4&s=5&e=0&ambUti=106
Espero que che sexa de axuda. Saúdos
Vexo que podo seguir sulfatando a viña sen problemas, non necesito o carnet.
Moitas grazas!
Hola, eu preguntome como e o tema de a renovacion do carne de manipulador de productos fitosanitarios nivel basico,hay que pasar algun tipo de examen ou simplemente chega con facer algun tramite de papeleo?
Como na convocatoria de cursos aparece algun que pon ,renovacion.
Boas tardes Jorge:
O que di a lei é que: RENOVACIÓNS DE CARNÉ: No sucesivo, para obter a renovación do carné, será preciso:
Para a renovación do carné BÁSICO, a realización dun curso de formación de 5 horas de duración: 3 de contido teórico e 2 de contido práctico.
Estes son os cursos programados nos que pon renovación. Deberías chamar á oficina comarcal ou axente que o organice para que che concreten a data e inscribirte. Espero que che fora de axuda
Saúdos
A estes cursos pode asistis calquera ou so profesionais?
Pode asistir calquera
Para poder sulfatar as viñas para recoller viño para min, tamen teño que ter o carnet??
Bos días Eva: O carnet non depende se tes viña para uso particular ou para vender, senón do tipo de produtos fitosanitarios que utilizas e tamén do tamaño do envase. Se para tratar as viñas te arreglas con cobre e xofre e non necesitas un sistémico pois non che fai falta o carné, porque para estes produtos non cho piden. Iso si, na tenda teñen que venderchos en envases máis pequenos, que che saen máis caros.
Aquí podes consultar a lista de produtos fitosanitaros que podes mercar sen carnet: http://www.campogalego.com/horta/que-produtos-fitosanitarios-se-poden-comprar-sen-necesidade-de-carne/
Bos días: quería saber se os cursos estes de fitosanitarios programados pola Xunta hay que pagar algo a parte das tasas
Vivo en cangas de morrazo algue
n sabe donde podo facelos e donde devo apuntarme o mais cerca posible
Bos días Jose´:
No teu caso penso que o mellor é que chames á Oficina Agraria Comarcal da Cañiza, que é a que leva a comarca do Morrazo. Teléfono: 986 651 120