Data inicio: 27/11/2018
Data fin: 27/11/2018
Lugar: Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos
A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) organiza o vindeiro 27 de novembro unha xornada sobre “Financiamento e logros na innovación do sector vitivinícola galego”. Desenvolverase no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos en horario de mañá.
Na organización colaboran o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, a Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL).
O prazo de inscrición rematará o día 25 de novembro.