Data inicio: 24/05/2016
Data fin: 27/05/2016
Lugar: CERSIA Empresa, Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, Santiago de Compostela, España
Santiago de Compostela acollerá do 24 ao 27 de maio a “I Xornada sobre Coeducación rural e diversidades: construíndo igualdade nas nosas aldeas”.
Organizada por Nova Escola Galega, a xornada centrarase na necesidade de despatriarcalización do agro galego e na prevención das violencias machistas e
LGTBIQ fóbicas.
“Traballar a coeducación no ámbito rural é imprescindíbel pra rachar o círculo heteropatriarcal de violencia física, psico-afectiva, emocional e simbólica hacia tódalas expresións afectivo-sexuais que se saen da norma. A poboación LGTBIQ do rural precisa referentes e afondar nun relato propio”, aseguran dende a organización.
Programación da actividade
Estas I Xornadas sobre coeducación rural están estruturadas en base a catro bloques temáticos:
Martes 24.- Diversidades afectivas, familiares, sexuais e amatorias: o noso corpo, o noso territorio.
Mércores 25.- Máis alá da coeducación urbana: o ecofeminismo entra nas aulas.
Xoves 26.- Violencias baseadas no Xénero (VBX) e violencias identitarias: machismo, LGTBIQfobia e ruralfobia.
Venres 27.- Novas propostas teórico-prácticas para dinamizar a pedagoxía emancipatoria no rural.
Información e matrícula:
Nova Escola Galega R/ das Hedras, 4-2ºO 15895 Novo Milladoiro – Ames. Ou ben por correo electrónico a:
neg@neg.gal