A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Xornada online sobre sistemas de monitorización de vacún de leite e de carne

A actividade desenvolverase este xoves 28 de maio, organizada polas firmas Uniform-Agri e Aliflex Livestock Intelligence

Xornada online sobre sistemas de monitorización de vacún de leite e de carne

Uniform-Agri e Allflex Livestock Intelligence organizan conxuntamente unha sesión online gratuíta o vindeiro xoves 28 de maio ás 12:00 horas.

Nela poderase coñecer como funciona e que achegan os sistemas de monitorización de Allflex Livestock Intelligence ás gandarías de vacún, tanto leiteiro como de aptitude cárnica; e presentarase Uniform-Repro, programa de xestión para explotacións de vacún leiteiro pensado para gandeiros e consultores. Tamén se amosará o funcionamento de ambos os sistemas integrados nunha mesma contorna.

A sesión terá unha duración aproximada de 90 minutos e contará con portavoces de ambas as empresas expertos na área da monitorización: Almudena Molinero (veterinaria e responsable de vendas e marketing de UNIFORM-Agri en España e Portugal), Paco López Belmonte (director de AZASA) e Juan José Nuñez e Alberto Fernández (veterinarios representantes de Allflex Livestock Intelligence España).

As persoas interesadas poden apuntarse a través deste enlace.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *