Varroaform, un proxecto innovador para combater eficazmente a varroa

Publicidade
Varroaform, un proxecto innovador para combater eficazmente a varroa

Abella parasitada pola varroa

A Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) lidera Varroaform, un proxecto innovador que busca desarrollar unha formulación eficaz para o control e prevención da varroase en abella doméstica, un dos principais problemas da apicultura europea neste momento.

O proxecto de innovación, que está dotado cun financiamento de 380.000 euros e prolongarase durante dous anos, pretende desenvolver e obter unha formulación alternativa aos acaricidas convencionais a partir de formulacións de liberación controlada no tempo a base de produtos de orixe natural con actividade anti-varroa. E é que os acaricidas actuais, ademais do risco de crear resistencias na varroa, un parásito das abellas que as debilita até a súa morte, tamén esixen un estrito manexo para evitar restos no mel e na cera. Neste sentido, a nova formulación que se pretende desenvolver será testada en albarizas de Galicia, Castela A Mancha, Castela e León e Canarias.

O proxecto está liderado por FEUGA, e no participan a Universidade de Santiago de Compostela (a través do grupo de Tecnoloxía Farmacéutica e Sistemas de Liberación), a Universidade de Las Palmas de Gran Canaria, e os apicultores Benigno Basteiro, Urbano González e Agustín Arias. Conta ademais como entidades colaboradoras coas asociacións: Asociación Española de Apicultores, Asociación Defensa Sanitaria de Apicultores de La Palma, APICAN e APIGRANCA, ademais da Subdirección Xeral de Sanidade e Hixiene Animal e Trazabilidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información