Só o 10% dos gandeiros españois pediu a axuda para reducir a produción

As explotacións comprométense a entregar 31.000 toneladas de leite menos no próximo trimestre. En toda a UE, baixarase 1,06 millóns de toneladas

Só o 10% dos gandeiros españois pediu a axuda para reducir a produción

As granxas españolas comprometeron unha baixada de entregas de 31.000 toneladas.

A Comisión Europea xa dispón dos datos dos gandeiros que se acollen á axuda para reducir a produción de leite no próximo trimestre. En toda a Unión Europea son 52.000 explotacións, cun compromiso de baixada de entregas nos vindeiros tres meses de 1,06 millóns de toneladas. En España, foron 1.567 granxas ás que solicitaron a axuda -un 10% do total-, para un compromiso de redución de 31.000 toneladas, o que representa arredor de 20 toneladas por granxa.

Os datos de Galicia aínda non trascenderon, se ben o sector calcula que haberá unhas 800 explotacións na comunidade que participarán no proceso.

Os países que acumularon maiores solicitudes para a redución da produción foron, como é lóxico, os principais produtores da UE, Alemania e Francia. No caso do país xermano, diminuirá as entregas en máis de 280.000 toneladas no próximo trimestre, con 9.900 granxas que entran no esquema de bonificacións. A súa baixada de produción media será de 29 toneladas.

En Francia, son 181.000 toneladas as que se reducirán, con 13.000 explotacións participantes e unha media por granxa de 14 toneladas de baixada. Outros países con importantes compromisos para diminuir produción foron Gran Bretaña, con 112.000 toneladas, e grandes exportadores como Holanda (80.000 toneladas) e Irlanda (74.000 toneladas). Pódense ver os datos completos nunha táboa publicada pola Comisión Europea.

Perspectivas de mercado
Cada explotación con compromisos de redución cobrará 0,14 céntimos por litro, unha vez que se comprobe que efectivamente baixou as entregas nas cifras acordadas. Desde a Comisión Europea agárdase que esta baixada da produción de leite sirva para reequilibrar o mercado, de xeito que se igualen oferta e demanda e se recuperen prezos.

O éxito da medida, alomenos en canto ó volume de solicitudes, foi total. A Comisión tiña previsto abrir outros tres periodos consecutivos de redución da produción, pero as solicitudes deste primeiro periodo, por 1,06 millóns de toneladas, só deixan 11.600 toneladas de redución para os periodos restantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información