Resultados da poxa e do concurso de Raza Frisona Moexmu 2015

Rey 547 Sonrisa Sid, Gran Campioa de Vacas e Gandería Manteiga, premio ao mellor criador.

Resultados da poxa e do concurso de Raza Frisona Moexmu 2015

Rey 547 Sonrisa Sid, Gran Campioa de Vacas. Autor: Africor-Lugo

A vaca Rey 547 Sonrisa Sid, da SAT Rei de Miñotelo, de A Pastoriza (Lugo), foi proclamada Gran Campioa de Vacas XXXI Mostra Exposición de Muimenta –MOEXMU 2015, durante o concurso de gando frisón que se celebrou esta fin de semana en Muimenta (Cospeito-Lugo).

Na categoría de Mellor Criador, o primeiro premio foi para Gandería Manteiga, de Vila de Cruces, e o segundo premio para a SAT Rei de Miñotelo. Ao final da noticia inclúese unha galería de fotos con todos os premiados.

Resultados da poxa: prezo máximo de 2.700 euros para unha primeiriza de Gandería Forcao

En canto á poxa, presentáronse un total de 20 femias, das que se venderon 19, acadando un prezo medio de 2.000€, na liña das dúas poxas anteriores, celebradas en Chantada e Castro Ribeiras do Lea.
Con moito público, os compradores foron principalmente da zona sur de Lugo e de A Coruña, que preferiron con diferencia as vacas sobre as xovencas próximas ao parto.

O animal que acadou o prezo máis alto foi a primeriza presentada pola Gandería Forcao, de Outeiro de Rei, que acadou os 2.700 €. CORINA-ARTES-CORAL, filla de Artes, parida de xaneiro, con nai Prestigio BB 83, é unha grande produtora, superando os 48 quilos no control de marzo.

RESULTADOS DO CONCURSO DE GANDO FRISÓN MOEXMU 2015

GRAN CAMPIONA DE VACAS: REY 547 SONRRISA SID , de Gandería Rei de Miñotelo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información