Reparto por autonomías da axuda para redución das entregas de leite

Galicia, con 781 granxas solicitantes, aglutina a metade das peticións españolas, que foron de 1.567 para unha baixada estimada da produción de 31.044 toneladas

España reducirá previsiblemente a súa produción durante o próximo trimestre en arredor dun 2 por cento. É a consecuencia das axudas para diminuir as entregas de leite que vén de facer públicas a Comisión Europea. En España, houbo 1.567 granxas solicitantes, que se comprometen a vender 31.044 toneladas menos que durante o mesmo trimestre do ano pasado. Por autonomías, Galicia acumula a metade das solicitudes, con 781 e 10.481 toneladas de redución.

Cada explotación galega que participa no esquema de redución da produción comprometeuse a reducir unha media de 13.400 quilos, o que lle suporá uns ingresos duns 1.875 euros (a razón de 0,14 euros por litro que deixa de producir).

En Galicia, igual que no resto de España, só 1 de cada 10 granxas solicitaron a axuda.

Listado de solicitantes por autonomía

fega-axudas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información