– Non se achegue en ningún momento ás zonas que están ardendo. Manteña a distancia.
– Deixe libre accesos viarios para paso dos veículos de extinción nas zonas afectadas.
– Corte o subministro eléctrico se o lume se achega a súa vivenda.
– Afástese do incendio polas zonas máis desprovistas de vexetación e lembre que un cambio na dirección do vento pode facer que o lume o rodee.
– Non intente atravesar a pé nin en veículos unha estrada afectada por frontes de lume ou con zonas de intensa acumulación de fume, que impedirán a visibilidade. Retroceda e busque camiños alternativos.
– No caso de ter un lume preto, peche portas e fiestras para evitar que o fume entre na vivenda.
– Se é necesario, coloque panos húmidos nas portas e nas fiestras.
– Se está nun local cheo de fume, ande a catro pés, xa que o aire está máis limpo preto do chan e a temperatura é máis baixa.
– Se presenta síntomas como tos, irritación de gorxa ou de ollos, dificultade para respirar ou dor de cabeza, acuda ao seu centro médico.