A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Recomendacións para o uso de inoculantes no ensilado

Analizamos con Adial cuestións a ter en conta á hora de empregar inoculantes nos silos

Recomendacións para o uso de inoculantes no ensilado

Visita a un silo en Alemania por técnicos galegos e do resto da Península, nas Addcon Academies.

A fermentabilidade dunha forraxe é a que determinará se vai ser fácil de ensilar ou non. Para calcular a fermentabilidade, hai que ter en conta unha serie de factores, en especial a porcentaxe de materia seca, o contido de azucres e a capacidade tampón, é dicir, a resistencia que presenta unha forraxe á baixada do pH. Canta maior resistencia, máis complicacións para o ensilado.

En base á relación entre azúcares da forraxe e capacidade tampón, pódese determinar que o millo é unha das forraxes que máis proclives son ó ensilado. No lado contrario está a alfalfa e outras leguminosas, en tanto que nunha posición intermedia atopamos o raigrás.

Para optimizar o ensilado do raigrás, haberá que incidir naqueles parámetros que se poden controlar, como a materia seca ou as bacterias presentes, que poderemos inocular, pois os outros factores xa veñen dados.

Cunha materia seca no entorno do 30% será suficiente o uso de inoculantes de bacterias. Con menos dun 25-30%, serán necesarios os conservantes químicos

Canta maior humidade, teremos risco de peor fermentación e máis problemas para que as bacterias naturalmente presentes nas plantas ‘maten’ ós patóxenos (clostridios, mohos, etc.) no proceso de fermentación. Para mellorar ese proceso, é conveniente o emprego de inoculantes de bacterias ou conservantes químicos.

Se temos unha materia seca que ronda ou supera o 30%, será suficiente con aplicar un inoculante de bacterias, pero con materias secas por baixo dun 25-30%, será preciso aplicar un aditivo químico.

Efectos dos conservantes e inoculantes
Os efectos de engadir o conservante Optisil (Kofasil) nos silos de herba na dose recomendada (3 litros / tonelada) son claros á hora de aumentar os parámetros de calidade da forraxe, pois mellora a fermentación láctica, o que contribúe a conservar máis enerxía e maior calidade de proteína, así como a reducir o ácido butírico e o clostridio.

As perdas derivadas dunha mala fermentación do silo de herba poden chegar a 2.200 euros / ano para unha granxa media de 50 vacas, segundo os cálculos de Adial. En cambio, un silo de boa calidade impulsará un aumento da inxesta da materia seca por vaca, o que pode representar 2 litros de leite adicionais por vaca e día, o que en cartos son uns 9.000 euros /ano.

Compactación
Outra cuestión clave a ter en conta nos silos é a súa compactación, recomendándose un mínimo de 235 Kg. de materia seca por metro cúbico. Para calcular a compactación do silo, pódese usar a aplicación online Addcon calculator, na que sinalando datos como o groso da capa de forraxe e o peso do tractor, obtense o dato dos Kg. de forraxe que hai por metro cúbico. Se o dato é inferior a 235 Kg., as solucións pasan por facer capas máis finas ou por empregar tractores máis pesados.

Guía de inoculantes e conservantes

Inoculantes biolóxicos

– Optisil Biolac 1 (Kofasil S): Inoculante biolóxico de ‘Lactobacillus buchneri’ (bacteria heterofermentativa) que actúa como inhibidor de levaduras e mohos, mellorando así a estabilidade aeróbica do ensilado.
– Optisil Biolac 2 (Kofasil lac): Inoculante biolóxico de ‘Lactobacillus plantarum’ (bacteria homofermentativa) que mellora o proceso de fermentación en forraxes de herbas, leguminosas e cereais.

– Optisil Biolac 3 (Kofasil Duo): Incorpora nun só produto as bacterias dos dous anteriores, co que consegue unha rápida acidificación e protección contra o quecemento do ensilado.

Conservantes químicos

– Optisil feed stabil (Kofasil Excel): aditivo líquido para ensilados de millo, gran húmido e herbas con alto contido de materia seca. Mellora a estabilidade aeróbica do silo, inhibindo a aparición de fungos e levaduras.

– Optisil forgrass (Kofasil Liquid): aditivo para ensilados de raigrás, leguminosas e cereais de primavera. Mellora o proceso de fermentación natural, reducindo a presenza de clostridios, listerias e enterobacterias.

Adial conta tamén con produtos desta gama en formato granular, como o Kofasil Plus granular ou Kofasil Maíz Granular.

– Optisil Protech (Kofasil ultra): mestura de aditivos para ensilados que mellora a fermentación, evita o quecemento do silo e mellora a súa estabilidade aeróbica. Especialmente indicado para balas e tubos.

– Kofa Grain: conservante para grans húmidos e millo, así como ensilados de herba con elevado contido de materia seca.

Visita técnica á planta de produción de Addcon en Alemania

Grupo de técnicos na terminal de carga da planta de Addcon.

Grupo de técnicos na terminal de carga da planta de Addcon.

Un grupo de técnicos de Galicia e do resto da Península visitou recentemente a planta de fabricación dos inoculantes e conservantes do grupo Addcon en Alemania. A visita enmarcouse nas ‘Addcon Academies’, un programa formativo da empresa que fomenta a mellora no manexo dos ensilados.

O grupo, conformado por unha vintena de persoas, visitou unha das dúas plantas de Addcon na localidade de Bitterfeld, próxima a Leipzig. A empresa conta con outra fábrica en Noruega e con estrutura de distribución en Asia. Os seus produtos distribúense en 100 países de Europa, Asia e tamén América.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *