Permítense os desprazamentos para rozar as faixas de protección de incendios arredor das casas

A Xunta autoriza a mobilidade para ir facer os desbroces e amplía este ano até o 16 de xullo o prazo para a limpeza das parcelas en torno aos núcleos de poboación e ás estradas

Publicidade

desbroce_roza 1A Xunta de Galicia autoriza á poboación a facer desprazamentos para realizar desbroces nos 50 metros fixados arredor das casas que están considerados como faixa de protección contra os lumes e amplía até mediados de xullo a obriga de manter limpos estes espazos.

Na resolución, publicada no DOG o mércores desta semana, a Consellería do Medio Rural xustifica que “a xestión da biomasa é a principal medida preventiva que se aplica no territorio galego” e que permite, ademais, que “en caso de se producen incendios forestais, non se propaguen de forma incontrolada” polo que declara estes desbroces “actividade esencial” malia ao confinamento polo coronavirus.

Segundo o sinalado no apartado número 1 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, os propietarios de montes e fincas rústicas deberán manter limpas as faixas de protección con distintas distancias de seguridade fixadas en torno a vivendas illadas, núcleos de poboación, estradas e pistas antes do mes de maio de cada ano.

Pero na actual situación de vixencia en todo o territorio español do estado de alarma, declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, as limitacións existentes en materia de desprazamento e circulación das persoas fai que o prazo se amplíe este ano até o 16 de xullo incluído.

As persoas que realicen desprazamentos por este motivo deberán levar unha declaración responsable na que se identifique a referencia catastral das leiras nas que se vai limpar

As persoas que se despracen para a realización de actividades de xestión da biomasa deberán levar consigo unha declaración responsable que comprenda as leiras en que van levar a cabo ditas actividades, incluíndo a identificación da parcela e a súa referencia catastral; ademais, deberán levar consigo os apeiros, utensilios ou ferramentas necesarios para desenvolver as actividades de xestión da biomasa ou, de non levalos consigo, incluír
na declaración responsable que os teñen depositados na parcela ou lugar determinado.

Con todo, e a fin de reducir ao imprescindible a mobilidade das persoas, a Xunta recomenda, nos casos en que así estea previsto no Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e a empresa pública Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias, que sexa o persoal de Seaga o que realice as rozas no canto dos particulares.

Distancias que hai manter rozadas nos distintos terreos

FAIXAS_PROTECCION_CASAS

TIPO DE TERREO DISTANCIAS QUE HAI QUE MANTER CON XESTIÓN DA BIOMASA
Parcelas forestais 2 metros
Terreos situados en solo rústico de especial protección agropecuaria 10 metros
Zonas dedicadas a labradío, cultivo, prados ou pastos, non clasificadas de especial protección agropecuaria. 4 metros cando se empreguen especies frondosas e 10 metros no resto de especies.
Desde o límite do dominio público das vías (autovías, autoestradas, corredores, estradas convencionais ou vías rápidas) 4 metros cando se empreguen especies frondosas e 10 metros no resto de especies.
En pistas forestais principais 2 metros cando se empreguen especies frondosas e no resto de especies, 4 metros en xeral e 6 metros nos concellos declarados como zona de alto risco de lumes.
Redes de transporte eléctrico: dende a proxección do condutor máis externo, considerando a súa desviación máxima producida polo vento, segundo a normativa aplicable a cada caso. 5 metros para todas as especies.
Canles fluviais -ríos- de máis de 2 metros de largo. 5 metros cando se empreguen especies frondosas e no resto de especies 15 metros, contados dende o dominio público. Non será aplicable en actuacións de recuperación ambiental.
En edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais fóra do solo urbano e de núcleo rural. 15 metros cando se empreguen especies frondosas e 50 metros no resto de especies.
En cámpings, gasolineiras e industrias ou instalacións preexistentes nas que se desenvolvan actividades perigosas. 25 metros cando se empreguen especies frondosas e 50 metros no resto de especies.

Una idea sobre “Permítense os desprazamentos para rozar as faixas de protección de incendios arredor das casas

  1. Xenxo

    Vaise modificar a actual situacion dos establos e construccións ailladas da industria ganadera e agricola ou van quedar este tipo de edificacions industriais sin cobeetura de proteccion frente os incendios forestais?

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información