Os cunicultores galegos manifestaranse este venres en Madrid

Os cunicultores galegos manifestaranse este venres en Madrid

Máis dun cento de cunicultores de Galicia acudirán á mobilización xeral, convocada de xeito unitario por Unións Agrarias-UPA, Sindicato Labrego Galego-COAG e ASAJA, que se levará a cabo este venres en Madrid a partir das 11.00 horas diante do sede do Ministerio de Agricultura.

A situación dos cunicultores é crítica, pois levan tempo percibindo no que vai de 2016 un prezo medio de de 1,30 euros por kilo, moi por baixo do que lles custa producir (ao redor de 1,75 €/Kg. Vivo) e inferior a 2015. Isto produciu unha importante descapitalización das explotacións que adoecen dunha gran falta de liquidez, o que está a provocar dificultades de funcionamento, problemas de pago a provedores e abandono de granxas.

Con este acto, os cunicultores queren denunciar ante o Ministerio que dirixe en funcións Isabel García Tejerina que a cadea de valor no sector cunícola non funciona con normalidade, senón que sofre de situacións de manipulación e abuso en prexuízo dos produtores.

En concreto, as organizacións agrarias critican a falta de transparencia na formación dos prezos e a política monopolista que practica una multinacional na transformación da produción.

Situación especialmente grave en Galicia

No caso concreto de Galicia, Unións Agrarias denuncia que os produtores galegos perderon o pasado ano unha media de 30 cts por quilo de produción. Deste xeito, calculan que as 200 granxas de coello que quedan na Comunidade perderon o pasado ano uns 5 millóns de euros. “E neste 2016 a tendencia é aínda peor posto que se atopan casos de granxas que chegan a perder ata 55 cts por quilo”, advirten dende a organización agraria .

Galicia é a segunda produtora de coellos de España, detrás de Cataluña, cunha produción de arredor do 15% da carne de coello de España.

O sindicato Unións Agarias pón a disposición dos produtores que se queiran sumar á manifestación, autobuses que sairán da sede central da organización en Santiago (R/ Doutor Maceiras, 13) o xoves 16 as 23.30 H.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información