Ordes celebra este domingo a II Poxa de Gando Frisón

Na poxa participarán 13 vacas procedentes de 7 ganderías coruñesas. Os compradores recibirán tres doses de seme do touro Julius e outras tres do semental Hondo, procedentes de Xenética Fontao

Ordes celebra este domingo a II Poxa de Gando Frisón

Un dos animais que participou na pasada edición da poxa.

Data inicio: 08/03/2020
Data fin: 08/03/2020
Lugar: Recinto Feiral O Mesón do Vento, Ordes (A Coruña)

Ordes (A Coruña) acolle este domingo, 8 de marzo, a II Poxa de Gando Raza Frisoa, organizada polo Concello e Africor-Coruña.

Sairán a poxa un total de 13 animais procedentes de ganderías da provincia de A Coruña, con tódalas garantías sanitarias e de cualificación xenética. As vacas proceden de 7 ganderías coruñesas: A Pradeira SC (Carballo), Avelino Castro (Arzúa), Gandería Candendo SC (Tordoia), Gandería Dubra SC (Trazo), Granxa Hurdeiro (Toques), SAT Lavandeira 950 Xuga (Ordes) e Vieites (Trazo).

A chegada dos animais farase xa o sábado e a poxa comezará o domingo ás 11:30 horas no recinto feiral O Mesón do Vento. A empresa pública Xenética Fontao obsequiará a cada un dos compradores con 3 doses de seme do touro Julius e 3 doses do semental Hondo .

– Consulta aquí os detalles dos animais da poxa.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información