O Porriño acolle o sábado 21 a Feira Apícola Rías Baixas

A cita inclúe xornadas técnicas, mercado de mel, produtos apícolas, obradoiros, degustacións e actividades lúdicas

Publicidade
O Porriño acolle o sábado 21 a Feira Apícola Rías Baixas

Participantes dunha xornada técnica dunha edición anterior da feira.

Data inicio: 21/03/2020
Data fin: 21/03/2020
Lugar: O Porriño, España

O Porriño (Pontevedra) acolle o sábado 21 de marzo a XXXII Feira Apícola Rías Baixas organizada pola Agrupación Apícola de Galicia e a Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra. A cita contará con xornadas técnicas que se celebrarán no centro cultural do Porriño e un mercado centrado no mel e en produtos apícolas que terá lugar na Praza do Concello.

Como previa á xornada do sábado, o venres celebrarase unha sesión de contacontos do mel de Galicia no colexio Ceip Antonio Palacios do Porriño. A actividade estará impartida por persoal do Consello Regulador da IXP Mel de Galicia e a Agrupación Apícola de Galicia que ofrecerán unha aproximación ó mundo da apicultura e unha degustación.

A continuación detállase o programa de actividades da xornada do sábado.

09.15 horas. Apertura da feira.

09.30 horas. Cobertura de agroseguro para a apicultura. Agropelayo – Albroksa.

10.00 horas. Alimentación das abellas. Influencia na produtividade e na saúde da colmea. Lourdes Martínez Soriano, enxeñeira agrónoma, experta en alimentación animal. Alltech Spain.

10.45 horas. Inauguración das xornadas por parte das autoridades.

11.00 horas. Actualización sobre varroa. Interrelación con outros factores. Paulo Mielgo. Director técnico en Vita (Europe) Vita Bee Health Reino Unido.

12.45 horas. Sanidade apícola. Novos datos de investigación. Raquel Martín Hernández, doutora en veterinaria e investigadora do Centro de Investigación Apícola e Agroambiental de Marchamalo (Ciapa – Iriaf Increcyt).

14.00 horas. Xantar de irmandade. As persoas interesadas deberán realizar a inscrición previa enviando un correo a apicultoresvigo(arroba)yahoo.es antes do 18 de marzo.

17.30 horas. Resistencias a amitraz: rumores e realidades. Que podemos esperar dos tratamentos para a varroa? Miguel Ángel Rodríguez Ramos. Responsable de Vetopharma – España.

18.30 horas. Apicultura en EEUU e Paraguai. Mecanismos de selección de abellas. Melanie Kirby. Universidade de Washington (USA).

20.00 horas. Peche das instalacións.

Ademais, en horario de 10.00 a 20.00 horas haberá un mercado de venda de mel, produtos para a colmea, material apícola así como actividades lúdicas e produtos artesanais. As propostas previstas na Praza do Concello son as seguintes:

17.30 a 18.30 horas. Os disfraces do Mago Pirú, un espectáculo de balde e aberto a tódolos públicos.

18.30 a 19.30 horas. Degustación do Ouro Doce da natureza galega: Mel de Galicia. Cata de diferentes monoflorais pertencentes á Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. A sesión será impartida por Beatriz Ríos, técnica do Consello Regulador IXP Mel de Galicia. A degustación será gratuíta e aberta a tódolos públicos ata esgotar existencias.

19.30 a 20.30 horas. Espectáculo de maxia do Mago Pirú. A activididade é gratuíta e destinada a tódolos públicos.

Os espectáculos do estarán suxeitos a cambios en función da meteoroloxía.

 

-Consulta aquí o programa completo da xornada.

 

cartel-BeeHappy-2020

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información