O Ministerio anuncia axudas para cumprir o decreto de xurros

Publicidade
O Ministerio anuncia axudas para cumprir o decreto de xurros

A ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel García Tejerina, anunciou este luns axudas e un ano de prórroga para adaptar a maquinaria de esparexer os xurros á nova normativa para o abonado con xurros ás que obriga a normativa comunitario para reducir as emisións de amoníaco e doutros gases.

Coas novas modificacións, se os gandeiros queren cobrar as axudas directas da PAC non poden esparexerse os xurros con cisternas con sistema de prato ou abano nin canóns, o que esixirá novos dispositivos que permitan depositar os xurros a curta distancia da terra. Isto provocou malestar en todo o sector, especialmente o vacún de leite, xa que considera que está a pagar o incremento das emisións de amoníaco do sector porcino, cuxa cabana gandeira se disparou en España nos últimos anos, especialmente en comunidades como Cataluña ou Aragón.

Así mesmo, os estercos deberán soterrarse tamén no menor tempo posible para reducir a emisión de gases á atmosfera.

Ante estas novas esixencias, a ministra afirmou que o seu departamento “vai sacar unha convocatoria de axudas para cambiar a maneira de esparexer os xurros” xa que España supera os niveis de amoníaco “nunha cantidade importante e máis do 90 por cento procede do sector agrario”, principalmente do sector porcino.

As Comunidades poderán establecer excepcións durante este ano 

Tejerina asegurou que a nova normativa sobre xurros é “inevitable” e advertiu de que “debemos facer as mellores practicas para evitar que pase por exemplo o que pasou en Holanda, onde se tiveron que sacrificar vacas por cuestións ambientais. Nós non queremos chegar a sacrificar vacas senón que temos que seguir medrando, pero iso require apostar polas mellores prácticas e as máis sustentables”, indicou a ministra.

Ademais, lembrou que “durante o primeiro ano prevé excepcións que deberán regular as comunidades autónomas” para a aplicación desta normativa. A Xunta de Galicia, Asturias ou Cantabria xa anunciaron que presentarán alegacións.

Tejerina fixo estas declaracións despois de participar na celebración do 50 aniversario de Central Leiteira Asturiana, acto que se celebrou na súa factoría asturiana de Granda, preto de Oviedo, coa presenza do rei Felipe.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información