O mellor touro Holstein de España é galego

Apina Delano, de Xenética Fontao, sitúase como o mellor touro nas avaliacións xenéticas de CONAFE do mes de novembro novembro, tanto para touros españois como entre os 200 mellores do catálogo. 8 dos 10 mellores touros Holstein españois son da empresa pública galega.

O mellor touro Holstein de España é galego

Apina Delano. Autor: Mauricio de los Santos

O mellor touro de raza Frisona de España é galego. Trátase de Apina Delano, da empresa pública Xenética Fontao. Así se desprende das avaliacións xenéticas de CONAFE correspondentes ao mes de Novembro que se veñen de publicar esta tarde.

Apina Delano conseguiu un ICO de 3.738 puntos, o que o sitúa como líder de España tanto entre os 50 mellores touros españois como entre os 200 do catálogo de CONAFE. Nas probas de xuño Apina Delano conseguira un ICO de 3.625 puntos.

Ademais, Xenética Fontao apúntase o tanto de conseguir 8 dos 10 mellores touros españois, mellorando as súas posicións con respecto a xuño. Así, en segundo lugar, nas avaliacións xenéticas de CONAFE situouse Baixo Shottle Gerardo; en terceiro GP Minnesota ET; en cuarto Thos Planet Lion e en quinto Bos Seijo Bolton Torrel; todos de Xenética Fontao.

50 mellores touros españois do catálogo de novembro 2015: 

CONAFE_NOVEMBRO_2015_01

Fonte: CONAFE

Apina Delano tamén lidera con diferencia a lista dos 200 mellores touros de Holstein de España, incluíndo aos procedentes de fóra do Estado. Así, sitúase en primeiro lugar, con case 200 puntos máis de ICO que o segundo da lista. A escasa distancia do segundo e terceiro clasificados, sitúase Baixo Shottle Gerardo, tamén de Xenética Fontao, con 3.467 puntos. A cuarta e a quinta posición deste listado tamén son ocupadas por touros da empresa pública galega: GP Minnesota ET e Thos Planet Lion.

200 Mellores touros do Catálogo novembro 2015

CONAFE_NOVEMBRO_2015_02

Fonte: CONAFE

Consulta aquí a lista dos 50 mellores touros españois das probas de CONAFE do mes de novembro.

Consulta aquí a lista dos 200 mellores touros do catálogo das probas de CONAFE de novembro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información