Novidades na Declaración da Renda 2017 para o sector agrario e gandeiro

Novidades na Declaración da Renda 2017 para o sector agrario e gandeiro

A partir do próximo 5 e abril e ata o 30 de xuño poderase solicitar e presentar por internet o borrador da Declaración da Renda 2017 referida ao exercicio fiscal 2016.

Neste sentido, ¿cales novidades para actividades agrícolas, gandeiras e forestais no réxime de estimación obxectiva?. Desde a Axencia Tributaria informan a Campo Galego de que con respecto ao pasado ano mantense as seguintes medidas:

1)Con efectos 1 de Xaneiro de 2016 modificáronse os límites de volume de rendementos íntegros no ano anterior para estar incluídos no réxime de estimación obxectiva.

Que o volume de rendementos íntegros no ano inmediato anterior, non supere calquera dos seguintes importes:

-250.000 euros para o conxunto das actividades desenvolvidas polo contribuínte. A estes efectos, computarase a totalidade das operacións con independencia de que exista ou non obrigación de expedir factura .

Sen prexuízo do límite anterior, o método de estimación obxectiva non poderá aplicarse cando o volume dos rendementos íntegros que corresponda a operacións polas que estean obrigados a expedir factura cando o destinatario sexa un empresario ou profesional que actúe como tal, de acordo co disposto no artigo 2.2.a) do Regulamento polo que se regulan as obrigacións de facturación, supere 125.000 euros anuais.

-250.000 euros para o conxunto de actividades agrícolas e gandeiras e forestais.

-Que o volume de compras en bens e servizos no exercicio anterior, excluídas as adquisicións de inmobilizado, non supere a cantidade de 250.000 euros anuais (IVE excluído).

2)Os índices de rendemento neto aplicables no método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas en 2016 polas actividades agrícolas e gandeiras son os establecidos na Orde HAP/2430/2015 do 12 de novembro, excepto os modificados por Orde 1823/2016, do 25 de novembro, pola que se desenvolven para o ano 2017 o método de estimación obxectiva do Imposto sobre a renda das Persoas Físicas, que se mencionan a continuación e que serán:

-Uva de mesa: 0,32
-Flores e plantas ornamentais: 0,32
-Tabaco: 0,26
-Servizos de cría, garde e engorde de aves: 0,37

-Servizos de cría, garde e engorde de gando, excepto aves: 0,37

Mantense a redución do 5% sobre o rendemento neto calculado polo método de estimación obxectiva

Así mesmo, mantense para o exercicio 2016 a redución do 5 por cento sobre o rendemento neto calculado polo método de estimación obxectiva. Desta forma os contribuíntes que determinen o rendemento neto das súas actividades agrícolas, gandeiras e forestais polo método de estimación obxectiva, poderán reducir o rendemento neto de módulos obtido en 2016 nun 5 por 100.

A redución prevista no apartado 1 anterior aplicarase sobre o rendemento neto de en o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

Novidades campaña renda 2017

En canto ás novidades, desde a Axencia Tributaria informen de que se engade unha nova liña de produtos (liña 17) na páxina 7 do modelo ,Clave E3 -Rendementos de actividades agrícolas, gandeiras e forestais en estimación obxectiva-,para incorporar o suposto de que unicamente se percibiron subvencións, e aplicar o índice de 0,56 .

Incorpórase en Renda WEB a expresión PENDENTE en cadro de resultados, os datos imputados de rendementos de actividades Agrícolas, gandeiras e forestais en réxime de módulos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información