A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Novas solucións de Fertiberia Tech para o abonado dos cultivos

A marca expuxo en Fima 2020 as súas principais apostas para esta campaña, como ‘Nergetic DS+’, un fertilizante baseado no revestimento dos grans cun polímero biodegradable, o que garante a súa dispoñibilidade para as plantas durante semanas

Novas solucións de Fertiberia Tech para o abonado dos cultivos

Stand de Fertiberia Tech na feira FIMA, en Zaragoza.

Fertiberia Tech, unha marca ligada á innovación tecnolóxica nos abonos, presentou na feira Fima 2020, celebrada en Zaragoza, algunhas das súas principais apostas para esta campaña, como unha nova gama de fertilizantes líquidos para fertirrigación, Nutrifluid Impulse, ou o abono ‘Nergetic Ds+’, que presenta os grans recubertos dun polímero biodegradable, protexendo os nutrintes das perdas debidas á lixiviación das choivas. Deste xeito garántese a súa dispoñibilidade para a planta durante semanas.

“A gama Nergetic Dynamic incorpora a tecnoloxía exclusiva C-pro de Fertiberia Tech, que mellora o rendemento do fertilizante no campo, facéndoo máis interesante para o agricultor”, explica Jorge Monzó, director da compañía na zona leste de España. O abono ‘Nergetic DS+’ lanzouse a finais do 2017 e desde entón está a colleitar unha gran acollida no sector, dada a súa versatilidade no campo para tódolos cultivos e zonas, segundo explican desde a compañía.

A tecnolocía C-pro, que incorpora o fertilizante, consegue que cando o polímero se humedece, se convirta nun xel que protexe tódolos nutrintes do gran, evitando a súa perda e deixándoos dispoñibles para a planta. “Os nosos produtos distínguense pola súa eficiencia, xa que son mellores e máis aproveitables pola planta. Nós recomendámolos para aumentar a produtividade e xa comprobamos en ensaios de campo a súa eficacia en comparación con produtos convencionais”, conclúe Monzó.

Abono foliar
Outra das gamas presentadas por Fertiberia Tech en Fima é Profertil, un abono líquido de aplicación foliar compatible coa agricultura ecolóxica. O produto, composto por algas mariñas e potasio, actúa como un bioestimulante vexetal.

Para unha óptima e compatible aplicación dos produtos de Fertiberia Tech, sólidos e líquidos, a compañía conta cun servizo de análises de terra, auga e foliares exclusivo para os seus clientes, así coma unha ampla rede comercial de asesoramento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información