A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Lely e Uniform-Agri asinan un acordo de intercambio de datos

Lely e Uniform-Agri asinan un acordo de intercambio de datos

Lely, un dos líderes mundiais en robots para a industria de ordeño, e UNIFORM-Agri, un dos provedores líderes de software de xestión de vacún de leite, están moi orgullosos de anunciarlles unha nova interesante colaboración de intercambio de datos. Esta colaboración proporciónalle aos gandeiros a nova e exclusiva forma de intercambio de datos a tempo real entre T4C (Time for Cows) e o software de xestión de Uniform-Agri. Desde a firma do acordo, xa son varios os centos de gandeiros que foron actualizados de maneira satisfactoria á nova ligazón entre sistemas.

O resto dos clientes a nivel internacional que dispoñan de ámbolos sistemas actualizaranse proximamente. A conexión a tempo real entre ámbolos programas axudará a reducir as barreiras a nivel administrativo, pois os usuarios terán que introducir os datos desde un único sistema. Paralelamente ao intercambio de datos animais, a nova ligazón proporciona ademais un enfoque moito máis rápido e visual a datos como a alimentación, leite, reconto de células somáticas, condutividade, actividade, graxa e proteína individuais.

“Lograremos mellores resultados con menos traballo”

Co obxectivo de simplificar a calibración de sensores, a ligazón está deseñada para poder enviar de maneira automática datos de control leiteiro tales como graxa, proteína ou reconto de células somáticas desde Uniform a T4C.
O desexo de achegar solucións innovadoras e posibilidades de datos a tempo real sen que iso lle supoña traballo extra ao usuario, é o principal obxectivo que busca Uniform-Agri, que durante décadas deu soporte a gandeiros de vacún leiteiro a nivel internacional para mellorar a eficiencia na xestión de datos.

¨Uniform Agri quere dar soporte tanto a gandeiros de vacas de leite, así como a todos os seus distribuidores repartidos a nivel mundial cun software fácil de utilizar e as mellores ferramentas para axudar a conseguir un negocio sustentable e que achegue beneficios¨, dixo Harm-Jan van der Beek, director de Uniform-Agri. “Traballar dunha maneira tan próxima cun colaborador como Lely, axudaranos a conseguir o obxectivo de facer que ao gandeiro chéguenlle cada vez máis e máis coñecementos de todos os datos que se xeran nunha explotación, conducíndolle así a conseguir mellores resultados con menos traballo”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información