Lanzan unha aplicación móbil para identificar cogomelos no monte

A ferramenta Mycokey Galicia está dispoñible de balde, en galego e para móbiles Android. Con ela poden identificarse 400 especies e contén 800 esquemas para recoñecer distintos cogomelos dos bosques e prados de Galicia

Lanzan unha aplicación móbil para identificar cogomelos no monte

Equipo humano que desenvolve o proxecto Mycokey.

A firma MycoGalicia Plantae acaba de lanzar unha APP para identificar os cogomelos dos bosques e prados de Galicia. Trátase da aplicación móbil Mycokey Galicia, que é a primeira APP en galego para identificar especies de fungos.

A aplicación móbil, que aínda está en fase de desenvolvemento, xa está dispoñible para tódolos públicos de xeito gratuíto para dispositivos Android. Mycokey Galicia está pensada para usuarios non especializados, xa que o seu uso é sinxelo e intuitivo.

Máis de 400 especies

É unha ferramenta coa que se poden identificar especies de cogomelos a través de caracteres macroscópicos. A APP identifica cogomelos baseándose no emprego dunha clave dicotómica que inclúe máis de 400 especies, das máis representativas do noroeste peninsular, e uns 800 esquemas que ilustran os pasos a seguir na identificación, facendo fincapé nos caracteres morfolóxicos e ecolóxicos das diferentes especies.

A APP pretende non ser un identificador só de especies comestibles, senón unha ferramenta formativa.

A APP pretende ser unha ferramenta formativa ademais dun identificador de especies comestibles.

Con esta aplicación, que pronto estará tamén dispoñible en castelán e portugués, o proceso de identificación dos cogomelos sobre o terreo simplifícase e axilízase.

“Mycokey Galicia é unha ferramenta útil, necesaria e imprescindible para quen vaia apañar cogomelos ós montes galegos tanto coa finalidade gastronómica como para un mellor coñecemento do medio natural”, explica Andrés Cordeiro, socio fundador de MycoGalicia Plantae. Esta aplicación tamén axuda a coñecer a riqueza e complexidade morfolóxica que posúen os cogomelos.

A diferenza doutras aplicacións dispoñibles no mercado, Mycokey Galicia non pretende ser un identificador só de especies comestibles, senón unha ferramenta formativa. “A identificación realízase en base a tódolos caracteres que posúen os cogomelos e non só a través dunha fotografía que pode presentar características alteradas ou non incluír caracteres imprescindibles para a identificación como o cheiro, o sabor ou o hábitat do fungo”, apunta o experto.

O proxecto está a ser impulsado por MycoGalicia, socia do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida, e EBT (Empresa de Base Tecnolóxica) da Universidade de Vigo, en colaboración co Grupo Micolóxico Galego.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información