A pasada semana falouse moito nos medios de comunicación dos supostos efectos contaminantes do gando vacún a raíz da publicación do informe sobre o uso da terra e o cambio climático do IPCC, o panel internacional de expertos que asesora á ONU na materia.
A publicación do informe foi aproveitada de novo por grupos animalistas para atacar o consumo de carne e de derivados lácteos e poñer o punto de mira especialmente no vacún de leite. Sen embargo, e como os propios expertos do IPCC se encargan de aclarar, “as vacas non son as responsables do cambio climático” e a gandería de vacún de carne non é das máis contaminantes. Por non falar de que a principal fonte de emisións de gases de efecto invernadoiro segue estando no transporte, na xeración de enerxía e na industria.
A reacción por parte do sector gandeiro nas redes tampouco non se fixo esperar a través de memes nas que, con humor, critican a criminalización da actividade gandeira, que non fai máis que desviar a atención das principais fontes de contaminación.
Velaquí unha escolma: