Gandeiros de Lugo envían 7 camións de forraxe para ganderías de Cervantes

Gandeiros de Lugo envían 7 camións de forraxe para ganderías de Cervantes

Gandeiros da provincia de Lugo, coordinados pola asociación Agromuralla, enviaron este sábado un total de 7 trailers de forraxe para ganderías dos Ancares que se quedaron sen alimento para o gando debido aos lumes forestais.

Os gandeiros aportaron tanto bolos de silo de herba como de herba seca. Enviaron un camión dende Láncara, un de Sarria, un Castro de Rei, un de Cospeito e tres de Álvare. O seu destino foron un para Xante( Donis), dous para Vilar(Donis), dous para Noceda, un para Cancillos e un para Doiras, no concello de Cervantes.

Os transportistas que colaboraron foron Cancillos de Cervantes, Quiroga de Triacastela, Ganados O Gallego de Nadela, As Granxas de Pastoriza, David de Guntin e Ayán de Samos.

En total, a asociación Agromuralla leva xa coordinado o envío solidario de 28 camións de forraxe para aquelas ganderías que se quedaron sen forraxe debido á vaga de lumes.

Tamén dende Asturias os gandeiros están a amosar a súa solidariedade. En concreto, unha vintena de gandeiros do concello de Castropol enviou dous camións de forraxe con destino a unha explotación de Negueira de Muñiz que quedou sen herba e silo para o gando debido aos lumes forestais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información