Galicia, terceira comunidade con menor incremento de compra de alimentos en Semana Santa

O consumo de hortalizas, pan e patacas foise incrementando a medida que foron transcorrendo as semanas de confinamento, do mesmo xeito que as cervexas e o chocolate. Pola contra, descende o consumo de carne e peixe fresco

Publicidade
La compra de hortalizas y patatas se ha ido incrementando con el paso de las semanas de confinamiento

A compra de hortalizas e patacas foi aumentando co paso das semanas de confinamento

O confinamento das familias nas súas casa fixo aumentar o consumo de produtos de alimentación nos fogares pero a ritmos diferentes en función das distintas comunidades autónomas. Esta semana Santa Galicia foi a terceira comunidade con menor incremento das compras de alimentos. Os maiores consumos producíronse en Cantabria (+52,5%), Navarra (+45,6%) e País Vasco (45,3%). No lado oposto, as comunidades con crecementos máis contidos a respecto da mesma semana do ano anterior foron A Rioxa (+10,7%), Castela-A Mancha (+12,5%) e Galicia (+19,1%).

Os fogares españois estabilizaron as súas compras de alimentos a semana do 6 ao 12 de abril, ao cumprirse o mes de confinamento, segundo se desprende dos datos da Análise de consumo no fogar, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Nesta cuarta semana trala declaración do estado de alarma, o volume de compra de alimentos só se incrementa un 0,1% con respecto á semana anterior, aínda que experimenta unha suba do 36,2% en relación á mesma semana de 2019.

------

Sobremesas caseiras

Nesta semana 15, que se corresponde coa de Semana Santa, destacan, en relación coa semana anterior, os incrementos de produtos ou ingredientes relacionados cos menús tradicionais de Pascua, como aceite (20,6%), ovos (+12,8%) e azucre (+11,6%), asi como de peixe conxelado (+12,7%), conservas de peixe (+10,6%) e carne de ovino (+20,4%).

Os días previos a Semana Santa aumentou a compra de aceite (+20,6%), fariña (+15%), ovos (+12,8%) e azucre (+11,6%), necesarios para moitas das receitas tradicionais de Pascua

Durante estas semanas de confinamento, fariñas e sémolas foron experimentando crecementos constantes respecto a 2019, cunha suba do 15% sobre a semana anterior. Asimesmo, a compra de pan tamén se foi incrementando semana a semana, chegando a un crecemento do 35,7% nesta última semana en relación coa mesma do ano anterior.

------Incremento de compras de comida precociñada

Os produtos frescos están moi presentes nas cestas da compra, con crecementos constantes cada semana, entre os que destacan as hortalizas e patacas frescas (+44,5%), mentres que os peixes frescos teñen un consumo contido. Cervexa, viño, bebidas refrescantes e bebidas espirituosas manteñen tamén  importanes crecementos. De igual forma, obsérvanse incrementos constantes no consumo de pratos preparados, cunha suba do 38% nesta semana.

As tiendas de proximidade sustitúen aos hipermercados

------

As tendas máis próximas aos fogares son os lugares preferidos polos cidadáns para realizar as súas compras. Así, os supermercados e tendas tradicionais rexistran incrementos por encima da media (+42,1% e +45,2%, respectivamente), seguidos polas tendas de desconto (+30%) e hipermercados (+24,1%), que foran os grandes beneficiados os días previos ao confinamento.

Duplícanse as compras por internet a respecto de hai un ano

Nas últimas semanas, as compras por Internet convertéronse nunha importante alternativa na adquisición de alimentos. Nesta última semana superan o 100% de incremento con respecto á mesma semana de 2019.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información