A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Formación online sobre cría de xovencas en vacún de leite

Formación online sobre cría de xovencas en vacún de leite

En Zoetis queren seguir preto dos seus profesionais e ofrecerlles ferramentas e servizos adaptados á situación actual que vivimos debido ao COVID-19. É por iso que, desde “Especialistas en novillas”, a iniciativa de Zoetis para xerar e compartir coñecementos sobre o manexo, sanidade e alimentación das xovencas, puxeron marcha os “Seminarios online para Especialistas en novillas”.

Un total de seis xornadas dixitais nas que, da man de recoñecidos expertos no sector do vacún de leite, abordarán temas tan interesantes como o manexo da Síndrome Respiratoria Bovino, as últimas ferramentas xenómicas para mellorar a saúde en granxas leiteiras, ou a monitorización do comportamento en vacún leiteiro, entre outros. Cada seminario online terá unha hora de duración aproximadamente, incluíndo quince minutos finais para resolver as inquietudes dos asistentes sobre o tema en cuestión.

O primeiro dos seminarios celebrarase este venres 24 de abril ás 16:30 h (15:30 h en Canarias) e será dirixido por Álex Bach.

Para máis información e inscricións, consultar a seguinte páxina web: http://seminariosonlineespecialistasennovillas.com/ e os perfís en Twitter (@enNovillasEsp) e Facebook (@Especialistasennovillas) de Especialistas en novillas.

#CuentaConZoetis #ConVosotrosMásQueNunca #GRACIAS

Acerca de Zoetis

Zoetis é a empresa líder de saúde animal, dedicada a apoiar aos seus clientes e os seus negocios. Construída sobre 60 anos de experiencia en saúde animal, Zoetis descobre, desenvolve, fabrica e comercializa medicamentos e vacinas de uso veterinario complementados por produtos de diagnóstico e apoiados por unha ampla gama de servizos. En 2019, a compañía xerou uns ingresos anuais de máis de 6.260 millóns de dólares. Con preto de 9.000 empregados a nivel global, os seus produtos serven a veterinarios, gandeiros, produtores e todos aqueles que crían e coidan o gando e os animais de compañía en máis de 100 países. Máis información en www.zoetis.es.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *