Facenda reduce o IRPF para os gandeiros de vacún de leite

A redución establecida con carácter nacional para a declaración da Renda 2014 é de 0,32 a 0,26.

Publicidade
Facenda reduce o IRPF para os gandeiros de vacún de leite

O Boletín Oficial do Estado acaba de publicar unha Orde do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas pola que se fixan os Índices de Rendemento Neto na declaración do IRPF para estimación obxectiva (módulos),e que supón unha redución da presión fiscal para agricultores e gandeiros na declaración da Renda 2014.

As reducións de módulos aprobadas na Orde tradúcense nunha diminución proporcional da base impoñible derivada dos rendementos da actividade agraria, e polo tanto, do resultado da declaración do IRPF.

Redución para os gandeiros de vacún de leite

As reducións establecidas con carácter nacional para a declaración da Renda 2014 dos agricultores e gandeiros, son as seguintes:
– Produtos hortícolas (de 0,26 a 0,19)
– Froitos non cítricos (de 0,37 a 0,27)
– Froitos cítricos (de 0,26 a 0,19)
– Flores e plantas ornamentais (de 0,32 a 0,16)
– Pataca (de 0,37 a 0,19)
– Bovino de leite (de 0,32 a 0,26)
– Servizos de cría, garda e engorde de gando, agás aves (de 0,56 a 0,49)
– Servizos de cría, garda e engorde de aves (de 0,42 a 0,37)

En todos estes produtos producíronse durante 2014 circunstancias excepcionais, fundamentalmente de mercado, que modificaron a normal relación entre ingresos e custos que reflicten os seus índices estruturais.

Redución do 5% do rendemento neto calculado por estimación obxectiva

Finalmente, é destacable que a Orde establece, na súa Disposición adicional primeira, unha redución dun 5% do rendemento neto calculado polo método de estimación obxectiva para 2014. Trátase dunha medida extraordinaria de carácter horizontal que afecta á totalidade dos agricultores e gandeiros que tributen en estimación obxectiva, cuxo efecto é, polo tanto, maior que calquera redución de módulos específicos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información