Estabilízase o prezo do porcino en Silleda, tras varias semanas á baixa

A mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acordou hoxe manter os prezos sen cambios tanto para o porco cebado como para os leitóns

Estabilízase o prezo do porcino en Silleda, tras varias semanas á baixa

A mesa de cotizacións do porcino da Central Agropecuaria de Galicia – Abanca acordou hoxe manter os prezos tanto para os porcos cebados como para os leitóns. Despois de tres semanas á baixa, dende que se retomaran a negociación dos prezos de xeito telemático, estabilízanse os prezos en tódalas categorías.

Deste xeito, a categoría selecta e normal mantéñense a 1,485 e 1,460 euros o quilo, respectivamente. Mentres, na sección Canal II o prezo sitúase en 1,896 euros o quilo. Os animais de desvelle cotízanse entre 0,84 e 0,9 euros o quilo.

Nos leitóns, o prezo para os animais procedentes dunha única granxa é de 71 euros mentres que os chegados de varias ganderías sitúanse nos 66 euros. O prezo do quilo é de 3,55 euros e 3,3 euros respectivamente.

Tamén se mantén sen cambios o prezo do coello na Lonxa de Madrid e cotízase a 1,95 euros o quilo.

Central-Agropecuaria-de-Galicia-Porcino-14_04_2020-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información