As cotizacións das mesas de prezos de Amio repiten os valores da pasada semana. En Ternera Gallega apréciase unha tendencia estable de consumo, polo que decidiuse o mantemento dos prezos de pasadas semanas en todas as categorías e calidades. En recría, abasto e vacún maior tampouco houbo cambios, se ben detéctase unha tendencia á baixa nos frisóns de recría.
En canto á asistencia de gando á feira, esta semana entraron en Amio 2.127 animais, só catro menos que na sesión anterior. Deles, 1.635 foron de recría, 239 de vacún mediano e 238 de vacún maior.
Máis información
– Táboa completa das cotizacións de Amio (5-VII-2017).