De 1 a 24 euros o quilo: Así varía o prezo do mel no mundo

Publicidade

O prezo do mel, un produto cunha crecente demanda a nivel internacional, pode variar máis dun 300% segundo o tipo de mel e o país de orixe. En concreto, vai desde os 1,30 euros o quilo a que se cotiza de media o mel de China aos 23,50 euros o quilo do mel de Nova Zelandia, o famoso “mel de manuka” certificado e con propiedades antibacteriás específicas.

Así se pon de manifesto no último informe da Comisión Europea sobre o mercado internacional do mel. En concreto, o prezo medio do mel importado pola UE no ano 2018 foi de 2,17 euros o quilo, situándose os de maior valor en Nova Zelandia (23,54 euros), e xa a moita distancia Turquía (3,87 euros), Serbia (3,74 euros) e Brasil (3,34 euros). No lado oposto, os prezos máis baixos dos meles importados corresponderon aos de China (1,30 euros o quilo), Vietnam (1,43) e Ukrania (1,83 euros).

prezos mel internacional

O prezo do mel na Unión Europea: Desde os 10 euros o quilo que cobra un apicultor do Reino Unido aos 1,82 euros que percibe en Romanía

En canto aos prezos nos países da Unión Europea, a media á que adoitan comprar o mel os almacenistas que amorean o produto aos apicultores situouse en 2018 nunha media de 3,79 euros o quilo.

Porén, existen importantes diferenzas: mentres que un apicultor británico vende o mel de media a 10 euros o quilo, ou un belga a 9 euros, en Romanía o prezo medio é de 1,82 euros o quilo, e en España é de 3,20 euros.

prezos mel EUROPA 1

Ao chegar ao consumidor e pasar por distintos intermediarios este prezo duplícase: 6,46 euros de media na UE, pero cunha variación que vai desde os case 20 euros o quilo de mel que paga un consumidor de Irlanda, ou os 15 que se vende en Reino Unido ou Holanda, aos 6,50 que se vende en España e aos 2,25 euros que custa de media un quilo de mel en Romanía.

prezos mel EUROPA 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información