A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Cursos online gratuítos para o sector agrícola, gandeiro e forestal

O Ministerio de Traballo e Economía Social busca impulsar o sector agrario con máis de 1.000 prazas en cursos online subvencionados

Cursos online gratuítos para o sector agrícola, gandeiro e forestal

O campo cada vez demanda unha maior profesionalización do sector e aplicar estratexias de modernización que permitan garantir o futuro das explotacións familiares, aumentar a produción e calidade, así como adaptar a agricultura ao mercado. Por iso, actualmente, é de vital importancia a formación neste sector e actualizarse en cuestións como o aforro enerxético ou boas prácticas de manexo.

Tendo en conta a tendencia e as necesidades de formación do sector, o Ministerio de Trabajo e Economía Social oferta máis de 1.000 prazas en cursos online 100% subvencionados para os profesionais do sector agrario-gandeiro para, desta forma, xerar impacto a distintos niveis.

Esta formación está 100% subvencionada e é completamente gratuíta, polo que non supón custo algún para os participantes. Non é formación bonificada e non consome créditos de formación das empresas, nin o alumno necesita autorización da súa empresa, xa que pode inscribirse a título persoal.

Lista de cursos

Grupo Femxa, entidade de formación acreditada polo SEPE, con máis de 20 anos de experiencia, imparte estes cursos, orientados á mellora da profesionalidade e dixitalización do sector. A inscrición xa se atopa aberta en cursos como os seguintes:

  • Desenvolvemento do comercio electrónico.
  • Internet seguro.
  • Xestión de crises alimentarias.
  • Eficiencia enerxética.
  • Sanidade avícola.
  • Xestión de residuos.
  • Sistema APPCC e prácticas correctas de hixiene.
  • A solicitude de praza e a consulta do contido ou as datas dos cursos xa se pode realizar desde esta páxina web.

    Ademais, para as persoas interesadas dispúxose un teléfono gratuíto, 900 100 957, onde poden resolver as dúbidas que teñan ou solicitar máis información.

    Mellora a túa formación e obterás melloras na túa explotación agrícola-gandeira!

    Actualmente vivimos nunha sociedade en constante cambio e cada vez máis é preciso ter novas competencias e habilidades, polo que, estudar e formarse son factores decisivos para a competitividade das empresas, así como para mellorar a estabilidade e/ou proxección empresarial dos/as profesionais do campo.

    Importancia do sector en España
    O sector da agricultura e da gandaría desempeña un papel crucial na economía dun país, sendo o alicerce fundamental do noso sistema económico; non só porque proporciona materias primas e alimentos, senón tamén oportunidades de emprego.

    En España o sector primario actualmente supón o 1.86% do PIB, o que implica 274.712 millóns de euros, e dá emprego a 816.700 persoas. Segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, este sector está a experimentar un crecemento continuo desde fai catro anos.

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información