Administración convocante: Consellería do Medio Rural
Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180323/AnuncioG0426-090318-0002_gl.html
Prazo: Ata 23/04/2018
Resumo:
A Consellería do Medio Rural vén de convocar as axudas dirixidas a explotacións apícolas. Poderán optar a elas todas as persoas físicas ou xurídicas titulares dunha explotación apícola rexistrada en Galicia antes do 1 de xaneiro do 2018. Tamén as cooperativas apícolas e asociacións de apicultores.
As subvencións oriéntanse a financiar o apoio técnico que prestan cooperativas e asociacións, así como a abonar parte dos custos que teñen os apicultores en tratamentos sanitarios, en especial contra a varroa, en alimentación das colmeas e en renovación da cera. Finánciase ademais a cría de raíñas e os apicultores con máis de 50 colmeas poden optar tamén ás axudas de trashumancia.
A cuantía total destinada ás axudas é de 603.000 euros e hai un mes de prazo para presentar as solicitudes.