Convocadas as axudas de maquinaria en réxime asociativo

Publicidade
Convocadas as axudas de maquinaria en réxime asociativo

Administración convocante: Consellería do Medio Rural.

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200206/AnuncioG0426-201219-0004_gl.html

Prazo: Ata 06/03/2020

Resumo:

Medio Rural convoca hoxe as axudas para fomento do uso de maquinaria agrícola en réxime asociativo. En total, a convocatoria conta con 2,5 millóns de euros en axudas, cofinanciadas con fondos europeos. Poderán ser beneficiarias as cooperativas agrarias, as cooperativas de utilización de maquinaria agrícola (CUMA), as cooperativas de explotación comunitaria da terra ou as sociedades agrarias de transformación.

Con estas subvencións, a Consellería sinala que procura fomentar o uso de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, impulsar a introdución de novas tecnoloxías e racionalizar os custos de mecanización. Outros obxectivos pasan por incrementar os mecanismos de seguridade no traballo, reducir as emisións contaminantes e promover o aforro enerxético.

As axudas apoian, en concreto, os custos de adquisición de maquinaria agrícola e os estudos técnicos-económicos de viabilidade sobre a prestación de servizos en conxunto para compartir o uso de maquinaria agrícola.

O importe das subvencións será do 35% dos custos, unha porcentaxe que poderá incrementarse ata un máximo do 50% en función de criterios que priman a localización da entidade en zonas con limitacións naturais e o feito de que o beneficiario proceda dunha fusión de cooperativas.

O prazo de solicitude remata o 6 de marzo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información