Continúa a caída dos prezos do porcino en Silleda

A mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia rexistra unha nova baixada dos prezos do porco cebado e dos leitóns. O coello mantense sen cambios na Lonxa de Madrid

Continúa a caída dos prezos do porcino en Silleda

A mesa de cotizacións do porcino da Central Agropecuaria de Galicia – Abanca acordou hoxe novas baixadas dos prezos. Esta semana as reducións afectaron tanto ó porco cebado coma ós leitóns. Os prezos do porcino continúan fixándose de xeito telemático mentres a Central se prepara para reactivar as poxas de gando, paralizadas por mor da crise do Covid-19.

No caso dos animais cebados de categoría selecta e normal a baixada foi de 0,030 euros. Así, pasan a cotizarse a 1,275 e 1,250 euros o quilo, respectivamente. Nos exemplares de Canal II o prezo sitúase en 1,623 euros o quilo, logo dunha caída de 0,039 euros. Os animais de desvelle cotízanse entre 0,48 e 0,54 euros o quilo, despois dunha baixada do prezo de 0,050 euros.

Nos leitóns a baixada foi de 5 euros para ambas categorías. Así, os animais procedentes dunha única granxa sitúanse nos 48 euros, mentres que os chegados de varias ganderías cotízanse a 43 euros. O prezo do quilo é de 2,4 euros e 2,15 euros, respectivamente.

En canto ó prezo do coello, esta semana tamén mantense sen variacións e na Lonxa de Madrid cotízase a 1,65 euros o quilo.

Central-Agropecuaria-de-Silleda-Porcino--19_05_2020

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información