¿Cales son as DO´s de viños de España que máis exportan?

Publicidade
¿Cales son as DO´s de viños de España que máis exportan?

As Denominacións de Orixe de viños Xerez-Jerez, Almasa e Utiel-Requena son as máis exportan fóra de España, cun 80%, 74 e 72% do viño da campaña 2016-2017 vendido fóra do mercado nacional, respectivamente. A media para as DO´s españolas situouse no 41%.

Así se recolle nos Datos de comercialización das Denominacións de Orixe Protexidas de viños (DOPs) na campaña vitivinícola 201 6/2017 que acaba de publicar o Ministerio de Agricultura.

A comercialización total da campaña 2016/2017 ofrece unha variación dun +4,41% respecto da campaña anterior, alcanzándose a cifra de 12.406.712 hl fronte aos 11.882.206 hl da campaña 2015/2016. O comercio interior representa un 59% alcanzándose un volume de 7.314.086 hl e o comercio exterior un 41%, cun volume de 5.092.626 hl.

O aumento do comercio interior respecto ao da campaña anterior é dun +6,28%, e o do comercio exterior un +1,84%.

Comercialización total por Denominacións de Orixe

En relación con este epígrafe, Rioja sitúase á cabeza co 22,9% do total.; séguenlle Cava (15,2%), La Mancha (6,5%), Rueda (5,9%) e Ribera del Duero (5,8%).

No mercado interior, Rioja é igualmente líder co 24,4% do total, seguida de Rueda co 9,3%.

Comercio interior por tipos de viño: Aumentan case un 10% as vendas de viños brancos con DO en España

Destaca o viño tinto, co 55,48% do volume da comercialización interior, sendo o viño branco o segundo en volume co 26,51%. Respecto da campaña anterior, aumentan os viños brancos (+9,72%), rosados (+6,14%), tintos (+5,74%), de licor (+4,51%) e espumosos (+1,07%).

Os viños de agulla sen embargo diminúen, sendo este decrecemento dun -6,09%.

VENDAS_VIÑOS

Exportacións das DO´s galegas

No comercio exterior, o mellor comportamento ofréceo Cava, co 24,1% do total, seguida de Rioja que alcanza un 20,7%.

En canto ás DO´s galegas, Rías Baixas é a máis exportadora, cun 26% do seu viño vendido fóra de España. Séguenlle Monterrei, co 13% de vendas ao exterior; Ribeiro e Valdeorras co 9% e Ribeira Sacra exporta só o 4% dos seus viños.

Baixan as vendas de viño ao Reino Unido e dispáranse a Rusia

O comercio exterior de viño na UE representa a 63,36% fronte ao 36,64% correspondente a países terceiros. Con respecto á campaña pasada, mantense practicamente igual o comercio coa UE, e un aumento en volume dun +5,38% para o resto de destinos.

Os principais destinos por países foron: Reino Unido (912.052 hl), Alemaña (803.326 hl), EE.UU. (470.820 hl), Bélxica (341.305 hl) e China (324.959 hl).

Na UE, Italia é o país onde máis aumentou o volume comercializado con +71.568 hl (+280,71%), seguido de Francia con +19.035 hl (+8.97%), respecto da campaña pasada; en cambio

Reino Unido diminúe en -48.774 hl (-5,08%). Respecto ao %, Italia é tamén o país da UE que máis aumenta, seguido de Chipre cun 178,95% (1.904 hl).

Respecto dos países terceiros, aumentan as exportacións en Asia, Europa non UE e América.

O maior incremento de volume comercializado experimentouno Rusia, con +43.600 hl (+41,97%) e China, con +26.422 hl (+8,85%), respecto da campaña pasada.

O viño tinto representa algo máis da metade do volume exterior comercializado, co 57,04%, sendo o viño espumoso o segundo en volume (22,78%).

En canto á evolución de cada tipo de viño respecto da campaña anterior, temos que o viño tinto, espumoso e de agulla aumentaron en 96.431 hl (3,51%), 27.890 hl (2,30%) e 1.348 hl (72,94%) respectivamente. En contra, o viño de licor e o branco diminuíron en 8.543 hl (-3,36%) e en 15.269 hl (-2,59%) respectivamente. O viño rosado practicamente queda igual que a campaña pasada, cun leve descenso.

Descarga aquí o informe completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información