A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Caixa Rural Galega facilitará o aprazamento de hipotecas

A Entidade establece un mecanismo adicional á moratoria oficial para aprazar cotas a clientes en situación de vulnerabilidade e afectados polo Covid-19

Sede central de Caixa Rural Galega, en Lugo.

Sede central de Caixa Rural Galega, en Lugo.

Caixa Rural Galega, consciente dos efectos que esta situación de estado de alarma poden supoñer para algunhas familias, establece o seu propio mecanismo de moratoria que se suma á aprobado polo Goberno no Real Decreto Lei 8/2020.
Así, os clientes de Caixa Rural Galega que estando en situación de vulnerabilidade e afectados por esta crisis do Covid-19 pero que non cumpran algún dos requisitos da moratoria oficial, poderán optar a unha moratoria que permite aprazar un número maior de cotas e por un prazo superior ao fixado polo Real Decreto.

Concretamente, será posible aprazar tres cotas durante un ano, de xeito que a Entidade facilitará a liquidez necesaria para facer fronte a estas cotas e, pasados os primeiros tres meses sen ter que afrontar pagamentos, as cotas aprazadas financiaranse durante o resto do ano en cotas mensuais.

Tratándose dun procedemento interno, a entidade non solicitará máis documentación que a habitual, aportando maior sinxeleza e prazos máis curtos de resposta. Ademais este procedemento será aplicable a calquera hipoteca, independentemente de si a finalidade sexa a adquisición de vivenda habitual ou non, xa que non só as hipotecas de vivenda poden apertar as economías das familias nunha situación como esta. Moitas inversións produtivas de autónomos e profesionais están financiadas con préstamos hipotecarios que neste intre, por falla de ingresos, poden supoñer un problema para a economía familiar.

En función da evolución e a duración do confinamento, a Entidade podería poñer en práctica outras medidas similares, pero aínda non está claro o alcance e as consecuencias do mesmo, polo que as posibles medidas irían adoptándose segundo o transcurso dos acontecementos.

En calquera caso, a renegociación da débeda de xeito individual e personalizado é unha posible alternativa que sempre está aberta ante situacións adversas que poidan sufrir os clientes.

En definitiva trátase de poder articular algún mecanismo rápido e sinxelo a quen poida pasar apuros transitorios ocasionados polo peche obrigatorio de negocios ou redución de actividade para moitos profesionais e autónomos, así como a familias afectadas por ERTEs.

Sen embargo, desde a Entidade esperamos que o deterioro non teña un alcance tal que as empresas, autónomos, explotación agrarias e familias, non poidan soportar na súa maior parte. E para aqueles casos nos que este parón teña consecuencias severas, estaremos para apoiar aos clientes na medida do posible para salvar o tecido produtivo e axudar ás familias afectadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *