Caen un 38% as exportacións de viño francés a Estados Unidos tralo arancel de Trump

Publicidade

OEMV viño aranceis trum nov 19Francia, en primeiro lugar, e España en segundo, son os países europeos máis afectados polos novos aranceis de Estados Unidos á importación de viños, un gravame do 25% que entrou en vigor a mediados do pasado mes de outubro. Así se desprende do estudo realizado polo Observatorio Español do Mercado do Viño (OeMv), que no entanto, insiste en que os datos son preliminares e que haberá que esperar máis meses para verificar o impacto.

O mercado de Estados Unidos é o terceiro destino das exportacións españolas de viño en valor, cunha media de 283 millóns de euros no período 2014-2018. No que respecta aos viños afectados polas medidas de retorsión, representan o 62,46 % do volume de viño exportado a EE.UU. e o 69,26 % do seu valor.

A este respecto, esta semana o goberno de Estados Unidos publicou os datos de importación en Estados Unidos de viño envasado (non espumoso nin bag-in-box), partida afectada por dita medida, para novembro de 2019, primeiro mes tras a aplicación destes novos aranceis.

Da análise destes datos o OeMv conclúe que “observamos un forte descenso das importacións de viño envasado francés -un 38% menos en valor e un 8% menos en volume-, tras varios meses consecutivos de subidas. Esta caída é particularmente forte en valor, xa que o prezo medio esborrallouse e, aínda así, caeu o volume”.

“España, cuxa evolución ao longo do ano foi moi irregular, tamén perdeu vendas en novembro -un 12% menos en valor e un 9% menos en volume-, aínda que a caída foi menor que os rexistrada meses atrás (agosto, outubro)”, sinalan desde o observatorio.

O gran beneficiario parece que é Italia, que creceu en novembro un 6,7% en valor e un 4% en volume nas súas exportacións de viños a Estados Unidos. “Italia foi o máis beneficiado pola suba de aranceis sufrida polos seus dous principais competidores europeos, aínda que o fixo menos que en meses atrás (marzo, xuño, setembro), alternando, do mesmo xeito que España, meses de baixadas”, matizan desde o OeMV.

Xa fóra da Unión Europea tamén destaca o incremento das vendas de viño de Nova Zelandia en Estados Unidos, que en novembro creceron un 5,8% en valor e un 8,3% en volume.

“En definitiva, nun mes no que as compras estadounidenses de viño envasado caeron globalmente un 6,5% até os 54 millóns de litros, os primeiros datos apuntan a caída dos viños dos países directamente afectados pola subida de aranceis, aínda que a comparación con meses anteriores dá a entender que este cambio de tendencia parece máis notable no caso de Francia e non tanto no de España, polo que convén esperar a ver como evolucionan as tendencias nos próximos meses”, conclúen desde o Observatorio Español do Mercado do Viño (OeMv).

Unha medida motivada por un conflito sobre as axudas ao sector aeronáutico

A orixe destes aranceis adicionais responde a un conflito de subvencións no sector aeronáutico que se dirime no seo da Organización Mundial do Comercio (OMC), ao que é completamente alleo o sector agroalimentario, e sobre o que recaeu a imposición dun arancel adicional do 25 % ad valorem para sectores como o viño, e en concreto afecta os viños acollidos a denominacións de orixe protexidas (DOP) e indicacións xeográficas protexidas (IXP), de maior calidade e valor engadido de España, Francia e Alemaña e Reino Unido (socios do consorcio aeronático europeo Airbus), e non afecta a outros países como Italia ou Grecia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información