Baixada no prezo do porco cebado en Silleda

A mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acordou hoxe novas baixadas no porco cebado mentres que os leitóns continúan sen cambios

Baixada no prezo do porco cebado en Silleda

A mesa de cotizacións do porcino da Central Agropecuaria de Galicia – Abanca acordou hoxe novas baixadas dos prezos. Esta semana as reducións centráronse no porco cebado, mentres que os prezos para os leitóns continúan sen cambios. De novo, as negociacións dos prezos fixéronse de xeito telemático, posto que os mercados de gando continúan suspendidos por causa da pandemia do coronavirus.

No caso dos animais de categoría selecta e normal a baixada foi de 0,030 euros e pasan a cotizarse a 1,455 e 1,430 euros o quilo, respectivamente. Nos exemplares de Canle II o prezo sitúase en 1,857 euros o quilo, logo dunha caída de 0,039 euros. Os animais de desvelle cotízanse entre 0,81 e 0,87 euros o quilo, despois dunha baixada do prezo de 0,030 euros.

Nos leitóns mantéñense os prezos da pasada semana. Así, os animais procedentes dunha única granxa sitúanse nos 71 euros, mentres que os chegados de varias ganderías cotízanse a 66 euros. O prezo do quilo é de 3,55 euros e 3,3 euros, respectivamente.

O prezo do coello na Lonxa de Madrid sitúase a 1,85 euros o quilo.

 

Central-Agropecuaria-de-Silleda-Porcino--21_04_2020

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información